Apoio masivo ó xuíz Garzón

Share Button

Onte sucedéronse, ó longo de toda a xeografía española, concentracións de apoio ó xuíz Baltasar Garzón, que está a ser obxecto dunha persecución indecente por parte dos sectores máis ultradereitistas da sociedade e da xustiza españolas.

 

Dende aquí queremos sumarnos á campaña de apoio a Garzón, que está a recibir extenso tratamento por parte de medios como Público ou El País. Así mesmo, defendemos o dereito das víctimas da dictadura franquista a coñecer a verdade e a enterrar dignamente ós seus familiares.

 

Para estimular o debate, recomendamos tres artigos aparecidos en Público durante estes últimas días:

 

– Carmen Magallón, Víctimas del franquismo y derechos humanos

http://blogs.publico.es/delconsejoeditorial/531/victimas-del-franquismo-y-derechos-humanos

 

– José María Pedreño, Verdad, justicia y reparación

http://blogs.publico.es/dominiopublico/1974/verdad-justicia-y-reparacion

 

– Luis García Montero, Nuestras últimas cartas

 
Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.