Arranca o entroido cariñés

Share Button

O entroido cariñés sempre gozou de prestixio en toda a comarca, gracias á decidida implicación de toda a nosa cidadanía, sempre alegre, participativa e imaxinativa para disfrazarse.

Hoxe arranca a edición deste ano, que conta cun programa especialmente atractivo e intenso gracias á colaboración da hostelería cariñesa.

Esta tarde haberá degustación de productos típicos, música e atraccións para os máis pequenos na carpa climatizada da Praza Roxa.

Mañá domingo o grupo de percusión Kilomberos de Monte Alto percorrerá as rúas da vila e encabezará o desfile de disfraces ata o Pavillón Municipal ás oito de media da tarde. Os participantes optarán a premios en metálico, que van dende os 500 ós 100 euros.

O luns haberá de novo actuacións e atraccións na carpa da Praza Roxa, que pola noite acollerá unha sesión de Discomóvil Pegaso. A partir de medianoite, a charanga Os Jaláticos percorrerá as rúas e locais de Cariño.

O martes conclúe o calendario festivo con diversas actividades na Praza Roxa.

Dende a Agrupación Socialista de Cariño queremos desexarche que desfrutes ó máximo destes carnavais. Ademais, queremos tamén recoñecer o traballo das persoas que colaboran co Concello para conseguir este excelente programa; referímonos, en concreto, ós hosteleiros que aportaron o seu traballo e á Asociación de Amas de Casa, que, como tódolos anos, voltaron a implicarse na celebración do entroido. Os froitos son mellores cando o traballo é colectivo. Que o pases ben. 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.