Concretando o proxecto para a creación dos depósitos de madeira

Share Button

O proxecto para a creación de depósitos de madeira en toda a comarca, que faciliten o traballo do sector madereiro e ó mesmo tempo a mellor conservación do entorno, segue dando pasos. Este xoves pasado celebrouse unha nova reunión no Concello de Cariño, na que participaron os Alcaldes de Cariño e Cedeira, José Luis Armada e José Luis Vergara, e os representantes de Costa Noroeste.

En declaracións á prensa, ambos responsables políticos ratificáronse na súa intención de contar co compromiso do sector para levar a cabo a iniciativa, así como o desexo de implicar a outros concellos da comarca.

La Voz de Galicia faise eco hoxe desta reunión. Podes atopar a nova aquí:

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/03/05/0003_201103F5C11991.htm 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.