Superamos as 300 entradas na páxina principal

Share Button

Sen lugar a dúbidas, o principal valor desta web constitúeno as entradas que, varias veces á semana, imos incorporando á páxina principal. Comezamos a traballar con este formato un 21 de setembro de 2009 e hai escasos días superamos as 300 entradas.

No 2011 estamos mantendo un ritmo de actualización similar ó do ano anterior, pois esta entrada que estás lendo suma a número 40 da presente anualidade, o que supón unha media dunha entrada cada 1’6 días. Un total de 26 destas 40 entradas adicáronse a cuestións de política municipal e asuntos locais; a sección As nosas suxerencias leva acollidas ata agora 6 entradas; 3 adicámolas a cuestións de política autonómica ou nacional; outras 3 a recomendar artigos de opinión; e, finalmente, 2 versaron sobre cuestións relacionadas coa propia web. Un total de 24 destas 40 entradas acompañáronse con imaxes de diverso tipo.

O crecente interese que suscita a web vese reflexado no incremento no número de visitas, que amosa tamén a gráfica adxunta. O mes de febreiro pechouse cun total de 11.333 páxinas vistas e 34.214 accesos. A media diaria de visitantes únicos elevouse neste último mes a 72, cifra que supón tamén un claro ascenso con respecto a 2010, cuia media diaria máis alta de visitantes únicos (maio) estivo en 58.

Estas cifras supoñen para nós un motivo de satisfacción. Somos conscentes de que o traballo que facemos dende esta web é modesto, pero tamén constante, honesto e riguroso. Queremos seguir mellorando, pero mellorar é máis fácil contando co alento de visitantes coma ti. Graciñas.  

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.