As universidades galegas critican á Xunta

Share Button

Moitos dos licenciados e licenciadas de Cariño fixeron no seu día o Curso de Aptitude Pedagóxica (CAP), que incluía unha parte de prácticas en centros de secundaria e constitúe un requisito imprescindible para exercer a docencia en dito ámbito.

A partir deste ano, o CAP deixa paso a un máster universitario en profesorado de ensino secundario e bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas. O alumnado universitario que queira optar por estas saídas profesionais terá que cursar dito máster.

O problema é que, malia que o máster comeza a impartirse en xaneiro nas universidades galegas, a Xunta de Galicia aínda non publicou a orde que regula a súa parte práctica. Por esta razón, as tres universidades galegas acaban de publicar un comunicado conxunto no que critican a dilación e deixadez da Xunta de Galicia.

Lamentablemente, queda de manifesto, unha vez máis, que a educación non constitúe unha prioridade para o goberno autonómico de Feijóo. La Voz de Galicia recolle hoxe esta noticia, que podes consultar aquí:

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/12/12/0003_8165804.htm

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.