Eliseo Fernández en ProTexta: literatura e memoria histórica

Share Button

Diario de Ferrol e outros xornais do mesmo grupo editorial (El Ideal Gallego, Diario de Arousa, etc.) inclúen na súa edición de hoxe o número de outono do suplemento trimestral de libros ProTexta.

 

 

Nel reprodúcese unha moi recomendable conversa entre a escritora valdoviñesa Rosa Aneiros e o historiador ferrolán Eliseo Fernández, que falan sobre o papel da literatura na recuperación da memoria histórica. Recomendamos a súa lectura.

Eliseo Fernández é autor de importantes estudos sobre historia do sindicalismo e do movemento obreiro, dentro dos cais ten tratado en varias ocasións sobre Cariño, tanto nos seus libros como na sección que publicou durante un tempo en Nordesía, o suplemento dominical de Diario de Ferrol.

No futuro teremos ocasión de falar destes e outros traballos na nosa páxina web. A historia contemporánea de Cariño é, dende hai anos, obxecto do interese de diversos historiadores, así como materia prima para novelas históricas. Sabemos, por exemplo, que o escritor Hixinio Puentes, autor da novela Aguillóns de Ortegal (Ed. Xerais), ten entre mans outro novo proxecto que tamén recolle anacos da historia cariñesa.

A interesante publicación de libros ProTexta comezou a saír inicialmente como suplemento da revista Tempos Novos, pero dende o número 5 (inverno 2008) distribúese tamén con Diario de Ferrol, El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños.

Podes consultar tódolos números antigos no seguinte enlace:

http://www.temposdixital.com/?page_id=39

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.