A loita pola VAC: reunión en San Sadurniño

Share Button

Continúa a loita para evitar que o retraso do corredor costeiro ata o 2017 sexa unha triste realidade. Onte pola tarde tivo lugar unha reunión en San Sadurniño, á que asistiron alcaldes e outros cargos públicos da comarca, excepto os do PP. Entre os asistentes atopábase o noso Alcalde, José Luis Armada.

Os alcaldes de PSOE, BNG e TEGA anunciaron que van a solicitar unha nova reunión co Conselleiro, Agustín Hernández, xa que, segundo afirmou Secundino García, Alcalde de San Sadurniño, a reunión mantida en Ortigueira foi un mero acto propagandístico.

A actitude dos alcaldes e concelleiros do Partido Popular resulta cada día máis incomprensible. Os mesmos que hai pouco tempo manifestábanse no Vicedo contra o bipartito e non aceptaban o remate das obras en 2013, resulta que agora están dispostos a aceptar o 2017. É imposible atopar un exemplo máis flagrante de incoherencia e falta de seriedade.

Á reunión de San Sadurniño seguiranlle outros encontros e iniciativas destinados a forzar un cambio nas intencións da Xunta. Como se dixo na reunión de onte, trátase de defender as nosas infraestructuras, o noso emprego e o noso futuro.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.