Os libros de texto na Xunta do PP: adeus á gratuidade

Share Button

O pasado luns deputados do PSdeG-PSOE deron unha rolda de prensa no Parlamento de Galicia para analizar, con datos pormenorizados, o novo modelo implantado no presente curso académico pola Xunta do PP relativo ós libros de texto de primaria.

Este modelo supuxo a fin da gratuidade implantada polos socialistas, que consideramos resultaba moi necesaria nunha etapa de crise como a actual.

Os parlamentarios socialistas elaboraron un detallado informe que amosa, entre outras cousas, que na provincia da Coruña só un 36’94 % do alumnado afectado polo novo modelo recibíu axudas de 180 euros, que podemos considerar equivalentes ó custe total dos libros. Isto supón que un 63’06 % dos alumnos perderon o dereito á gratuidade total.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.