Campaña electoral en marcha

Share Button

altAs 00:00 horas deste venres pasado deu comezo a campaña electoral para as eleccións municipais do vindeiro 24 de maio. Nas vindeiras dúas semanas imos continuar explicando, con máis intensidade se cabe, o noso proxecto de cambio para os vindeiros anos.

Queremos facer unha campaña de contidos, construtiva e de contacto coa rúa. É o momento de explicar -e de continuar perfilando- as que queremos que sexan as liñas principais da nosa acción política nos vindeiros anos, un plan que estamos trazando tras meses de conversas coa cidadanía e cos colectivos veciñais, sociais e culturais de todo o Concello.

Co máximo respecto polo que decidan facer as outras forzas políticas –sempre que se sitúe no marco da legalidade e do xogo limpo- anticipamos que non imos ser os que máis carteis coloquemos, nin tampouco os que máis fagamos sonar a sintonía do noso partido polas rúas. No que á cartelería se refire, en lugar de empapelar muros e fachadas optamos por recurrir principalmente ó uso das farolas, que permiten unha retirada sinxela dos carteis unha vez se celebren as eleccións.

O acto central da nosa campaña terá lugar o vindeiro sábado 16 de maio no Auditorio Municipal. Nos vindeiros días celebraremos tamén actos públicos en tódalas parroquias, cuxos detalles iremos anunciando por diversas vías. E por suposto tentaremos chegar directamente na rúa ó maior número posible de persoas. Como é habitual, esta web e a nosa páxina Psoe Cariño en Facebook serán os teus mellores aliados se non queres perder detalle. Axúdanos a recuperar Cariño. Súmate ó cambio.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.