Cariño no suplemento El Viajero, por segunda vez

Share Button

A semana pasada, o suplemento de tirada nacional El Viajero, que se distribúe os sábados nas páxinas centrais do xornal El País, adicou varios párrafos a Cariño na súa reportaxe No hay un pueblo como el mío, que versa sobre pobos con nomes curiosos.

 

En dita reportaxe, fálase das lendas que explican a orixe do topónimo. Máis interesantes resultan as súas alusións ás políticas de promoción turística que os socialistas impulsamos dende o goberno municipal. Dise na reportaxe: “La villa marinera lleva años reinventándose como destino turístico. Sus paisajes lo merecen, entre ellos el cabo Ortegal (a tres kilómetros de la villa), donde choca el mar Cantábrico con el océano Atlántico. Sobre las puntiagudas rocas de sus acantilados (que ya describió Ptolomeo en el siglo II y que son los más altos y, geológicamente, los más antiguos de Europa) vuelan cada año miles de aves migratorias…”.

 

O texto fai tamén referencia ó proxecto do Aula do Mar, “un antiguo pesquero cariñés reformado para realizar excursiones…”.  

 

Non é a primeira vez que o noso Concello aparece en El Viajero, unha das máis reputadas publicacións turísticas de España. Na anterior ocasión, o Aula do Mar protagonizou a reportaxe, case a páxina completa.

 

Tamén recentemente a revista de Turgalicia adicou unha extensa reportaxe, de varias páxinas e con fotos en cor, ó Cabo Ortegal, destacando como principais atractivos a súa riqueza xeolóxica e, de novo, o Aula do Mar. Cómpre lembrar que, como xa anunciamos nesta web recentemente, esta iniciativa figura tamén no Banco Municipal das Políticas Socialistas, ó que podes acceder dende a páxina web do PSdeG-PSOE.

 

O Artal confírmase deste xeito como un dos principais atractivos turísticos do noso Concello e, por conseguinte, como un elemento que contribúe de xeito decisivo á dinamización económica de sectores como a hostelería.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.