Máis de 1300 sinaturas a prol do servicio diario de pediatría

Share Button

Tal como xa adiantou La Voz de Galicia, as nais de Cariño mantiveron hoxe unha reunión co noso Alcalde, José Luis Armada, para facer entrega das máis de 1300 sinaturas recollidas a prol do servicio diario de pediatría no Centro de Saúde da nosa localidade. A día de hoxe, os concellos de Cariño, Ortigueira e Mañón comparten un pediatra, que atende dous días á semana en Cariño e Ortigueira e un día en Mañón.

 

O Alcalde comprometeuse a facer chegar as sinaturas á administración autonómica e a impulsar un acordo plenario para apoiar esta xusta reivindicación.

 

Entendemos que é unha demanda totalmente lóxica, tendo en conta aspectos como a dispersión poboacional da comarca ou a distancia con respecto ó centro hospitalario máis próximo, que é o de Ferrol. Como xa dixemos noutras ocasións, a relación numérica neno/pediatra non significa o mesmo en Cariño que en Narón ou en Fene.

 

Podes ler aquí a nova publicada hoxe por La Voz de Galicia:

 

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/04/09/0003_8405605.htm

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.