Inaugúrase a oficina de Costa Noroeste no Ortegal

Share Button

Hai uns días, concretamente o pasado martes, tivo lugar a inauguración da oficina de Costa Noroeste no Ortegal, que está ubicada na rúa Eusebio Dávila de Ortigueira. Como probablemente xa sabes, Costa Noroeste é o ente encargado de xestionar os fondos europeos do programa Leader 2007-2013.

 

A oficina ubicada en Ortigueira terá como obxectivo fundamental ofrecer información e asesoramento sobre dito programa, que pode resultar de interese para financiar iniciativas empresariais e proxectos productivos na comarca.

 

Ó acto de inauguración asistiron o noso Alcalde, José Luis Armada, e os restantes alcaldes da comarca, así como o ferrolán Vicente Irisarri. En días pasados, os técnicos de Costa Noroeste mantiveron unha reunión de traballo en Cariño. É o noso obxectivo que a cidadanía cariñesa reciba unha axeitada información sobre as liñas de axuda deste programa.

 

A nova foi recollida así por La Voz de Galicia:

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.