Turismo durante a Semana Santa: un elemento de dinamización económica

Share Button

Onte o xornal La Voz de Galicia recolleu un balance do sector turístico durante os días da Semana Santa. No que atinxe á comarca do Ortegal, rexistrouse un incremento do turismo con respecto ó ano pasado, segundo declaracións de Marisa Cabanas, presidenta da Asociación Turística de Ortegal e propietaria do hotel A Miranda, situado en Feás. Nelo influíu tamén, na súa opinión, o torneo de fútbol celebrado en Cariño.

 

Dende o noso punto de vista, cremos que é unha nova moi positiva e confirma que a aposta que facemos dende o Concello de Cariño por potenciar o turismo de calidade como un elemento de dinamización económica vai na boa dirección. Precisamente, tal e como informou tamén onte Diario de Ferrol, técnicos do noso Concello participarán, xunto a membros doutros 16 concellos da provincia, nun seminario organizado pola Deputación para compartir experiencias sobre políticas de xuventude, desenvolvemento sostible e emprego.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.