Cariño nos foros internacionais sobre enerxías renovables

Share Button

A técnica municipal de emprego participará nun encontro internacional que terá lugar na cidade italiana de Rímini entre os días 14 e 16 de xuño.

 

O proxecto, chamado NTT+ e financiado con fondos da Unión Europea, ten como objectivo facilitar o intercambio de ideas e experiencias entre entidades locais europeas para fomentar a creación e desenvolvemento de redes de cidades e pobos irmanados, así como a participación na planificación e desenvolvemento de proxectos de redes temáticas de alta calidade entre os participantes. 

 

Dito proxecto está liderado polo Sern (rede de concellos suecos e italianos), e, ademais da Deputación da Coruña, participan como socios a Asociación de Autoridades Locais da rexión de Norrbotten (Suecia) e a Asociación de Autoridades Locais e Rexionais de Finlandia.

 

A presencia do Concello de Cariño neste encontro internacional xustifícase polo seu interese en compartir experiencias en torno ás enerxías renovables. De feito, deste encontro internacional, resultado dunha selección de participantes de seminarios previos celebrados en A Coruña, Lulea (Suecia), Helsinki (Finlandia) e Bolonia (Italia), agárdase que xurdan proxectos concretos neste eido.

 

O noso Alcalde, José Luis Armada, destaca que Cariño consolídase así como un concello pioneiro no aproveitamento de novas fontes de enerxía, como poñen de manifesto as instalacións ubicadas no entorno do campo de fútbol e da piscina municipal, que servirán para o seu mantemento e reportarán ás arcas municipais uns beneficios aproximados de 60.000 euros anuais. Dende o goberno municipal agardamos consolidar esta tendencia e incluso valoramos a posibilidade de incorporar no futuro outras novas fontes de enerxía, como por exemplo a procedente da auga do mar, tal e como xa se está facendo en Finlandia, un dos países participantes no encontro.

 

Diario de Ferrol e La Voz de Galicia fanse hoxe eco desta nova. O tratamento informativo deste último xornal podes atopalo aquí:

 

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/05/15/0003_8484745.htm

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.