Equipamentos biosaudables no paseo marítimo

Share Button

Tal e como informaron onte Diario de Ferrol e La Voz de Galicia, así como a páxina web municipal, nos vindeiros días terá lugar a instalación de doce equipos biosaudables no paseo marítimo.

 

Tal e como recolle a mentada web, se inicialmente os responsables municipais estiveron preocupados pola apariencia e o embelecemento da zona, e despois ocupáronse de darlle un toque público e de servicio coa ubicación de varios edificios municipais, en menos dun mes estes espacios tamén servirán para fins saudables. Este obxectivo conseguirase coa instalación dun total de doce equipos dos denominados biosaudables. A inversión superou os 11.000 euros. O Concello financia a obra con cargo a axudas específicas da Consellería de Presidencia.

 

O proxecto finalmente será executado pola empresa Gestibeca Export e o Alcalde, José Luis Armada, confía en que a intervención poda estar operativa antes do verán. Unha vez remate a mesma, o goberno municipal considerará tamén concluidas as expectativas que no seu día fixaron para convertir o paseo marítimo en referencia turística, pero tamén de entretenemento e ocio, para veciños e visitantes. Neste senso, o Alcalde explicou que ós tres parques infantís sumaranse en breve os previstos para os maiores e lembrou, asimesmo, que, á marxe deste conxunto de infraestructuras, o paseo marítimo dispón de carril bici, ten un espacio de dunas e unha zona de sombra que xera unha grande demanda coa chegada do bo tempo.


Precisamente, tal como se informou dende o Concello, operarios do mesmo traballarán  nos vindeiros días no pintado dos pasos de cebra e aparcamentos que, distribuidos por todo o termo municipal, facilitan a circulación, tanto de persoas como de conductores.

Tamén se adianta que existe a intención de repintar o carril bici cunha pintura antideslizante para mellorar o seu actual aspecto.

 

Fonte: http://www.concellocarino.org/aodia/nova.php?id=1214

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.