Colaboración comarcal no sector turístico

Share Button

Tal como publica o portal de información comarcal Ferrol360, os concellos das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal pretenden agruparse para impulsar este xeodestino turístico e establecer sinerxias comúns para a súa dinamización. Nunha xuntanza celebrada este pasado luns, os representantes dos diferentes entes municipais decidiron constituír unha agrupación de Concellos para establecer un organismo común que permita traballar a curto prazo na dinamización turística.

No prazo dun mes terá lugar unha nova reunión dos Concellos que participarán nesta agrupación. Cada un dos municipios estudará e presentará distintos proxectos e liñas de actuación ós que se lles poida dar forma, partindo da idea de realizar unha xestión conxunta do xeodestino.

Os municipios que conformarían a agrupación serían os de A Capela, Ares, As Pontes, As Somozas, Cabanas, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, San Sadurniño, Valdoviño e Vilarmaior.

Podes ler a noticia orixinal aquí.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.