Congreso provincial do PSdeG-PSOE

Share Button

Fernández Moreda e Pachi Vázquez no congreso provincial deste sábado (Foto: La Opinión). 

Os socialistas da provincia da Coruña celebramos este sábado o congreso provincial, no que o compañeiro Salvador Fernández Moreda, presidente da Diputación, resultou elexido Secretario Xeral. Este congreso supón a superación das executivas comarcais e a posta en marcha dun novo modelo organizativo de carácter provincial, que o PSOE viña xa utilizando en practicamente a totalidade de España.

O noso Secretario Xeral e Alcalde, José Luis Armada, participou como delegado da Agrupación Socialista de Cariño no congreso, resultando elexido membro do Comité Provincial. Ademais, a nosa agrupación aportou un observador e dous convidados, entre os que se atopaban a concelleira Ana Fachal.

O partido sae reforzado deste proceso congresual, no que competiron dous candidatos que confrontaron ideas con total naturalidade. A nova executiva provincial ten como retos máis importantes as eleccións municipais de 2011 e contribuir á recuperación do goberno da Xunta de Galicia nas vindeiras eleccións autonómicas.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.