Magosto 2009: o sábado 14 de novembro en Cariño

Share Button

O Concello de Cariño, coa colaboración da Asociación de Amas de Casa e Consumidores, organiza para o vindeiro sábado 14 de novembro a edición anual do Magosto, que inclúe como novidade un Concurso de Froitos de Tempada.

A páxina web municipal recolle toda a información acerca do evento, que reproducimos a continuación:

O concello de Cariño organiza un Magosto 2009 con novidades

O concello de Cariño organiza xa o seu tradicional Magosto, que se celebrará o vindeiro sábado día 14 de novembro no Local Social da 3ª Idade ás 17:00 horas, e ao que están invitados tanto veciños da vila como visitantes.

Como cada año, na celebración poderán degustarse as populares castañas, neste caso asadas e acompañadas de leite ou viño. Para alegrar a festa, o acto estará amenizado por un dúo musical.

A novidade deste ano corre a cargo do Concurso de Froitos de Tempada, que se desenrolará en paralelo á festa, e no que se premiarán aqueles postres elaborados con froitos da tempada como poderían ser as propias castañas, noces, avelás, amendoas, manzás ou laranxas, entre outros.

Aquelas persoas interesadas en recabar máis información ou inscribirse no certame poden facelo nas propias dependencias municipais ou ben dirixirse ó teléfono 981 405 064, tendo as 14:00 h. do vernes 13 de novembro como horario límite. Con todo, mantense aberta a posibilidade de presentar postres a degustación en calquera intre, se ben os propostos máis aló deste prazo non entrarán no concurso.

Compre sinalar que foron reservados premios –que se exporán no propio Local Social, e consistentes en xogos de electrodomésticos de cociña- cos que serán agasallados os tres primeiros clasificados logo de que os seus postres sexan sometidos ó veredicto dun xurado.

No evento, organizado polo concello de Cariño, colabora de maneira desinteresada a Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Cariño.

Fonte: http://www.concellocarino.org/aodia/nova.php?id=1194&lg=gal

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.