En defensa da sanidade pública: roda de prensa

Share Button

Onte, o mesmo día que publicamos a primeira entrada informativa sobre a manifestación do vindeiro día 21 en defensa da sanidade pública, celebrouse unha roda de prensa en Ferrol para chamar á participación e informar dos detalles da mesma. Participaron a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol; a entidade SOS Sanidade Pública; os voceiros de PSOE, IU e BNG no concello ferrolán; un edil naronés de TEGA; e os representantes sindicais de UXT, CCOO e CIG.

A Presidenta da Xunta de Persoal da Área Sanitaria, Mercedes Díaz, denunciou a falta de compromiso da Xunta con Ferrol, citando como un dos exemplos a paralización do Plan de Mellora de Atención Primaria. Os sindicatos, partidos políticos e representantes de entidades asinaron o manifesto fundacional de SOS Sanidade Pública.

Sairán autobuses dende as vilas de Ferrolterra, Eume e Ortegal para asistir á manifestación. Manterémoste informad@.

Aproveitamos para recomendarte a lectura do artigo Afán de lucro y sanidad, dunha autoridade no tema como é Vicenç Navarro. Apareceu hoxe no xornal Público:

http://blogs.publico.es/dominiopublico/2666/afan-de-lucro-y-sanidad

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.