Boas novas en Ferrol: Fuco Buxán estrea local

Share Button

 

Non é a primeira vez que falamos nesta web de Fuco Buxán e da revista Razón Socialista. Fuco Buxán é unha asociación con base en Ferrol composta por militantes e simpatizantes de esquerda, que desenvolven unha incansable actividade en ámbitos como a defensa do medioambiente, a memoria histórica, a solidaridade internacional ou a renovación ideolóxica da esquerda. Pola rexeneración da esquerda é, precisamente, o subtítulo da súa revista Razón Socialista, na que teñen publicado militantes da Agrupación Socialista de Cariño. Aquí, no local da nosa Agrupación, presentaron nalgunha ocasión as súas publicacións.

O pasado sábado, día da visita papal, Fuco Buxán inaugurou o seu novo local no ferrolán barrio de Caranza. O seu antigo local, situado no mesmo barrio, facíase pequeno dende hai tempo, polo que o novo local satisfai unha vella aspiración da asociación; para eles era unha auténtica necesidade, debido á incansable actividade que desenvolven.

Jordi Pedret, deputado do PSC-PSOE no Congreso dos Deputados, estivo presente no acto e faise eco do mesmo no seu blog:

http://jordipedret.blogspot.com/2010/11/coses-importants-avui-galicia.html

Recomendámoste tamén unha visita á web de Fuco Buxán, onde poderás atopar moita información de interese. Paga a pena especialmente o artigo A privatización ao pé da casa, publicado en Diario de Ferrol e tamén recollido na súa web. Está asinado por persoas vinculadas ó mundo sindical; dúas delas (Manuel Cendán e Rafael Pillado) son ademais directivos da Asociación:

http://www.fucobuxan.com/

Como dí Jordi Pedret no seu blog, Fuco Buxán voltou a demostrar o pasado sábado que a loita diaria paga a pena! 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.