Congreso universitario sobre Pablo Iglesias en Ferrol

Share Button

Non é habitual que o ámbito universitario adique un congreso a un líder político. Trátase dun recoñecemento reservado a figuras dunha especial significación histórica, como é o caso de Pablo Iglesias, fundador do PSOE e da UGT.

O campus de Ferrol acollerá os días 24 a 26 de novembro o congreso Pablo Iglesias en su tiempo. Cien años de socialismo parlamentario. A coordinación do congreso corre a cargo de Carmen Fernández Casanova, Catedrática de Historia Contemporánea na Universidade da Coruña, mentres que da secretaría ocúpanse Luis Mera e Esperanza Piñeiro de San Miguel.

O programa do congreso inclúe máis dunha decena de ponencias, unha mesa redonda, a exposición Pablo Iglesias en su tiempo e visitas guiadas a puntos sinalados da cidade natal do histórico sindicalista. Entre os oradores atópanse Santos Juliá ou Alfonso Guerra.

Podes ampliar a información na web do congreso:

http://www.clubdeprensadeferrol.com/pabloiglesias

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.