Autobús para a manifestación do domingo 21 en Santiago

Share Button

 

Como xa vimos informando na web, o vindeiro domingo 21 de novembro, ás 12 da mañá, celébrase en Santiago de Compostela unha manifestación en defensa da sanidade pública e contra a política privatizadora da Xunta de Feijóo. A convocatoria corre a cargo da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, da que forman parte PSOE, BNG, IU, TEGA, tódolos sindicatos maioritarios e un bo número de colectivos sociais.

Sairán autobuses das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal para asistir á manifestación. O desprazamento en bus dende o Ortegal está organizado polas agrupacións socialistas da comarca. Se estás interesado/a en asistir, envíanos un email a psoecarino@yahoo.es  cos teus datos de contacto (email e/ou teléfono) non máis tarde do xoves 18 de novembro.

Lembrámoste o enderezo do blog da Plataforma para a Área Sanitaria de Ferrol, onde podes atopar moita información de interese sobre a situación do sistema sanitario na nosa comarca:

http://plataformadspferrol.blogspot.com/

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.