Axenda para a fin de semana

Share Button

A carga de traballo dos últimos días impedíunos adicarlle á web o tempo que desexaríamos. Retomamos o pulso adiantando a axenda de actividade para esta fin de semana.

Mañá, sábado, celébrase no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a Convención Municipal do PSdeG-PSOE. Trátase dun encontro con varias intervencións e mesas redondas para debatir cuestións relativas ás políticas municipais do socialismo galego. Intervirán, entre outros, os ministros Manuel Chaves e Francisco Caamaño, o Secretario de Política Municipal do PSOE Antonio Hernando, o Secretario Xeral do PSdeG Pachi Vázquez e varios dos Alcaldes das cidades galegas. Alí estará unha representación da Agrupación Socialista de Cariño, encabezada polo noso Alcalde José Luis Armada.

Un día despois, o domingo 21, ten lugar, de novo en Compostela, a Manifestación en Defensa da Sanidade Pública, convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública na que se integran os principais partidos galegos coa excepción do PP, a práctica totalidade dos sindicatos e un bó número de colectivos sociais. Alí estaremos, novamente, unha parte da militancia e outras persoas de Cariño a título particular, parte das cais desprázanse no autobús conxunto fletado polas Agrupacións Socialistas da comarca. Manterémoste informad@ dos resultados destes acontecementos.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.