Galicia Corazón Verde: nova páxina do PSdeG-PSOE

Share Button

Como xa vimos informando nesta web, o noso partido está a facer un importante esforzo para incrementar a súa presencia en internet e maximizar as posibilidades deste medio como ferramenta de información e participación política. Cabe mentar, nesta liña, iniciativas xa comentadas aquí como a web da Conferencia Política, o Blog da Secretaría de Política Municipal, o Banco Municipal das Políticas Socialistas ou a web da Agrupación Provincial da Coruña.

 

Recentemente vén de aparecer un novo recurso: o Foro Ambiental Galicia Corazón Verde, que é, en boa medida, froito do traballo de Carmen Gallego, deputada autonómica, responsable do Medio Ambiente e Mariño do PSdeG e Conselleira de Pesca durante o goberno bipartito. Na páxina, que aínda está a dar os seus primeiros pasos, podes atopar, entre outros temas, información puntual sobre asuntos candentes da política galega, como o Plan de Residuos ou o Plan de Ordenación do Litoral.

 

Recomendámoste, pois, que visites Galicia Corazón Verde.

 

 

 

 

 

O enderezo:

 

http://www.galiciacorazonverde.org

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.