Convocatoria das axudas para a rehabilitación de vivenda

Share Button

O luns día 14 de xuño publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde de 4 de xuño que convoca as axudas para a rehabilitación de vivenda. O prazo de solicitudes está xa aberto e péchase o 30 de setembro.

 

Cremos que pode ser de utilidade e interese chamar a atención sobre esta convocatoria, tendo en conta a súa importancia e, sobre todo, a oportunidade que pode supor debido ás medidas de reducción do IVE acordadas no Consello de Ministros para as obras de rehabilitación de vivendas.

 

Como quizais xa sabes, o Diario Oficial de Galicia está dispoñible gratuitamente en internet. Para acceder a esta orde, fai un click no seguinte enderezo:

 

http://www.xunta.es/Dog/Dog2010.nsf/FichaContenido/1E532?OpenDocument

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.