Incorporámonos a Facebook

Share Button

Hai tempo que na Agrupación Socialista de Cariño vimos matinando sobre a idea de incorporarnos a Facebook. Onte rexistramos o perfil e estamos comezando a movernos na rede social. De momento estamos en fase de probas, polo que xa de antemán queremos pedirche desculpas polos fallos que poidamos cometer. Temos tamén que establecer unha imaxe de perfil definitiva, subir algunhas fotos… Pouco a pouco. En calquera caso, xa sabes que as suxerencias son benvidas.

En principio a nosa intención é compartir as Noticias unicamente cos Amig@s que teñamos agregad@s, para evitar aparecer nas contas daquelas personas que non o soliciten. Cremos que a nosa presenza en Facebook será un bo complemento a esta web e permitiranos diversificar e enriquecer na nosa participación na rede. Agardamos facelo de maneira que sexa do teu agrado.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.