Convenio para a guía interactiva de recursos turísticos comarcais

Share Button

O pasado xoves, os Alcaldes do Ortegal déronse cita en Cariño para asinar o acordo de solicitude dunha subvención conxunta destiñada a elaborar unha guía interactiva de recursos turísticos comarcais. Hai días demos conta desta iniciativa nesta mesma páxina. O proxecto, que pretende financiarse con fondos europeos a través de Costa Noroeste, ten como obxectivo poñer as novas tecnoloxías ó servizo d@s turistas, que poderán acceder a través do seu teléfono móvil a roteiros, axenda de actividades lúdicas e información turística de diverso tipo.

Varios xornais, concretamente Diario de Ferrol, Xornal de Galicia e La Voz de Galicia fixéronse entre onte e hoxe eco desta reunión. Podes acceder ás distintas novas nas seguintes ligazóns:

 

Diario de Ferrol

http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/comarcas/18761-noemi-ferrol

Xornal de Galicia

http://www.xornal.com/artigo/2011/04/15/xornal-municipal/ortigueira/ortigueira-carino-cerdido-manon-cedeira-impulsan-guia-interactiva-recursos-turisticos/2011041504524500454.html 

La Voz de Galicia 

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/04/16/0003_201104F16C11993.htm 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.