Máis Cariño: un proxecto para a maioría

Share Button

A campaña electoral das municipais acaba de traspasar o seu ecuador. Como é habitual, a nosa candidatura está facendo un traballo intenso porque entendemos que as campañas son importantes: son as semanas nas que damos contas con maior detalle da xestión realizada nesta lexislatura e tamén nas que presentamos as propostas para os vindeiros catro anos.

Como tamén adoita acontecer, fomos os primeiros en presentar a nosa candidatura nun acto que tivo lugar o sábado 13 de abril no Auditorio Municipal. Nestes primeiros dez días de campaña temos celebrado actos públicos en tódalas parroquias e iniciamos o reparto informativo porta a porta, que proseguiremos nos vindeiros días. En canto ás redes sociais, como xa terás visto, presentamos individualmente ós membros da candidatura, acompañando as súas fotografías con frases que identifican o seu sentir e as súas expectativas.

Nesta semana imos concentrarnos en explicar as principais medidas do programa electoral para os vindeiros catro anos. Na sección Descargas desta páxina web podes atopar o programa electoral completo. Na nosa páxina de Facebook iremos subindo os contidos por áreas ó longo desta semana. Entramos na recta final!

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.