Mantéñense as reivindicacións a prol da consulta de pediatría

Share Button

As reivindicacións a prol da mellora da consulta diaria de pediatría no Centro de Saúde, que apoiamos rotundamente, manteñen a súa vitalidade.

Hoxe La Voz de Galicia, en páxinas de Galicia, publica unha reportaxe sobre as carencias da atención de pediatría en toda a Comunidade Autónoma. É evidente que faltan pediatras, pero tamén o é que a sanidade pública de calidade non é unha prioridade para a Xunta do PP. A reportaxe fala, entre outras cousas, das deficiencias no reparto destes profesionais sanitarios. Podes atopala aquí:

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/04/03/0003_201104G3P14992.htm

No marco da mesma, adícase un espazo específico á situación na comarca do Ortegal:

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/04/03/0003_201104G3P14991.htm

Pola nosa parte, imos seguir apoiando esta xusta reivindicación da sociedade cariñesa e actuando politicamente para darlle unha solución satisfactoria. 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.