Melloras no alumado e aforro enerxético

Share Button

Estes días estanse a realizar traballos no alumado público destinados á súa mellora e ó aforro enerxético en beneficio das finanzas municipais. Diario de Ferrol publica hoxe unha breve explicación das actuacións en curso.

 

A primeira delas consiste na implantación dun sistema de telexestión e aforro enerxético punto por punto, obra adxudicada por 126.394 euros á firma Coruñesa de Aforro Enerxético. A segunda das actuacións consiste nun proxecto de reducción do consumo de electricidade mediante a instalación de reguladores de fluxo no alumado público (non controlado punto por punto, como o anterior). Neste caso, os traballos corren a cargo da empresa Belfoga e foron contratados en 132.605 euros. Ámbalas actuacións forman parte do grupo de proxectos presentados polo Concello de Cariño para financiar con cargo ós fondos estatais do Plan E.


A entrada en funcionamento dos novos sistemas permitirá reducir o consumo nun 40%, o que suporá ás arcas municipais un aforro anual duns 100.000 euros. O noso Alcalde, José Luis Armada, subliñou o compromiso do Goberno Municipal coas enerxías limpas, que se manifesta por exemplo na utilización de enerxía solar términa (para quentar a auga) e fotovoltaica (para vender á rede) na piscina municipal. Xunto a estas iniciativas, o curso que se está a impartir no Concello ou o anunciado proxecto de Galicia Mar Renovables consolidan a Cariño como un referente nas enerxías alternativas.

 

Podes ver a nova de Diario de Ferrol neste enderezo:

 

http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/comarcas/3732-noemi-coruna

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.