O proxecto de Galicia Mar Renovables segue avanzando

Share Button

O proxecto de Galicia Mar Renovables para instalar en Cariño unha fábrica de sistemas de xeneración de enerxía undimotriz segue avanzando. A comezos desta semana, concretamente o pasado luns, o Diario Oficial de Galicia publicou a solicitude presentada por dita empresa para a concesión administrativa dunha parcela en dominio público portuario.

 

O xornal La Voz de Galicia publicou a nova o pasado martes, facendo constar o apoio do Concello ó proxecto e recollendo declaracións do Alcalde, José Luis Armada. Segundo recolle o citado xornal, o noso Alcalde opina que “lo más importante es que hay una empresa privada que apuesta por lo mismo que el Concello, es decir, por las energías alternativas”. Armada opina que esta é a liña do Concello dende hai anos “y prueba de ello son las medidas que estamos tomando en lugares como la piscina municipal”. Destaca ademais como outra virtude do proxecto “la creación de empleo que supondría para el municipio, algo muy positivo sobre todo en estos tiempos de crisis”.

 

Podes acceder aquí á nova publicada por La Voz de Galicia:

 

 
Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.