Mítin en Cariño

Share Button

Este domingo, día 13, celebramos ás seis da tarde na Casa da Cultura de Cariño o mítin do noso partido para as eleccións do 20 de novembro. O acto contará coas intervencións da nosa compañeira Ana Fachal, membro da Executiva Local da Agrupación Socialista de Cariño; de Paloma Rodríguez, candidata ó Congreso polas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal; e de Miguel Cortizo, número dous da candidatura socialista na provincia da Coruña. Gostaríanos contar coa túa asistencia.

Ó día seguinte, na mañá do luns 14, o noso candidato Alfredo Pérez Rubalcaba participará nun mítin na cidade da Coruña. Contaremos con bus dende a comarca do Ortegal. Se estás interesad@ en asistir, escríbenos a psoecarino@yahoo.es

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.