O Cabo Ortegal dende o Artal: ornitoloxía e xeoloxía

Share Button

Nesta nova etapa da nosa páxina web, pretendemos empregala tamén para informar sobre publicacións e sitios web relativos ó noso Concello.

O blog Galician Birding, que mantén o cariñés J. M. Alonso Pumar, faise eco da recente publicación en Ornithomedia, a máis importante web ornitolóxica francesa, dunha completa reportaxe sobre as excursións ornitolóxicas para o avistamento de aves que se veñen realizando no Aula do Mar. Podes acceder a dita reportaxe, da autoría de David Bismuth, a través deste enlace:


http://www.ornithomedia.com/pratique/voyages/voyage_art186_1.htm


Esta reportaxe únese a outras recentes aparecidas en diversos medios, como a Televisión de Galicia ou o xornal El País. Amosan, no seu conxunto, que esta iniciativa municipal -contra os presaxios da oposición- está contribuíndo de xeito decisivo a situar Cariño no mapa estatal e internacional do turismo de calidade e dos estudos sobre ornitoloxía e medioambiente. Non por casualidade, o Artal víu este verán desbordada a súa capacidade, sendo necesario, para satisfacer a ampla demanda, ampliar a tres o número diario de saídas.
 

 


Aula do Mar

 

Aproveitamos a ocasión para informar que un equipo de xeólogos que levan anos investigando sobre a rochas do complexo Cabo Ortegal (R. Arenas, S. Sánchez, P. Castiñeiras, T. E. Jeffries, R. Díez e P. Andonaegui) veñen de publicar un artigo sobre o tema na revista especializada Journal of Iberian Geology, 35.2 (2009), co título “The basal tectonic mélange of the Cabo Ortegal Complex (NW Iberian Massif): a key unit in the suture of Pangea”.

Por último, se aínda non o fixeches, lembrámoste que podes rexistrarte como usuario na web para aproveitar mellor as súas potencialidades. Tras engadir os datos que se solicitan na opción Rexístrate do Menú, deberás completar a operación confirmando o rexistro a través dunha mensaxe que recibirás no teu correo electrónico. Anímate a facelo; é moi sinxelo.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.