O Concello bota a andar a Escola Municipal de Música

Share Button

O Concello de Cariño agarda que a Escola Municipal de Música, un proxecto que ten en mente dende hai algún tempo, comece a funcionar nos primeiros meses do vindeiro ano 2011. No último Pleno aprobouse a ordenanza reguladora da actividade e durante o mes de xaneiro agárdase abrir o prazo de inscrición para as persoas interesadas.

A Escola Municipal de Música, cuio nome será Ronsel, comezará a súa andaina impartindo contidos de iniciación, que incluirán cuestións de cultura musical, nocións de solfeo, etc. No futuro próximo, engadiranse ensinanzas de instrumentos musicais, que se decidirán en función da demanda. A día de hoxe, semella que piano e percusión atópanse entre os instrumentos máis demandados. As clases terán lugar no edificio da antiga casa consistorial, na Praza da Pulida.

La Voz de Galicia publicou onte unha primeira nova sobre este tema. Manterémoste informad@.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.