O goberno de Núñez Feijóo acumula descontentos

Share Button

Nos últimos días tivemos ocasión que confirmar que o goberno autonómico de Núñez Feijóo acumula cada vez máis contestación e descontento, malia que aínda non cumpríu o seu primeiro ano no poder.

 

Primeiro foi a manifestación contra o decreto do galego, que sucedeu ó posicionamento tamén contrario dunha institución tan respetable e autorizada como a Real Academia Galega. O goberno de Feijóo segue negándose a admitir o obvio: que é posible garantir que os nosos rapaces e rapazas manexen con total competencia os dous idiomas oficiais da nosa comunidade protexendo, ó mesmo tempo, a língua que se atopa en maior perigo e potenciando a aprendizaxe do inglés como principal língua estranxeira. O noso partido sempre estará dispoñible para debatir e consensuar, pero a Xunta do PP non semella disposta a facelo.

 

O segundo acontecemento relevante dos últimos días é a carta na que once escritores galegos que recibiron o Premio Nacional de Literatura nas súas distintas modalidades solicitan a dimisión do Conselleiro de Cultura Roberto Varela por declarar que a cultura galega está “ensimesmada e acomplexada”. É un novo despropósito na curta traxectoria dun conselleiro que afirma descoñecer a realidade da cultura galega e que amosa lagoas importantes en diversos ámbitos da súa xestión (Cidade da Cultura, Xacobeo, etc.).

 

A Xunta de Feijóo segue amosándose, pois, especialmente dañiña para os intereses da cidadanía galega. Cómpre non esquecer que ós asuntos aquí comentados únense outros como a supresión da gratuidade dos libros de texto ou o retraso no remate das obras do corredor costeiro.

 

Rematamos esta reflexión recomendando algunhas lecturas para estimular o debate. A recente polémica do Conselleiro de Cultura é obxecto dunha entrada no blog de César Rodríguez, xornalista de La Voz de Galicia:

 

http://blogs.lavozdegalicia.es/juegodetronos/2010/01/26/doce-firmas-por-el-adios-de-roberto-varela

 

O decreto do galego mereceu hai un par de días unha interesante reflexión por parte de Joan Garí, no xornal Público:

 

http://blogs.publico.es/traduccioninversa/188/lengua-y-libertad-de-eleccion

 

Por último, e xa á marxe da actualidade política galega, paga a pena ler o artigo titulado Ciencia y democracia, que publicou hai uns días Carlo Frabetti tamén en Público:

 

 
Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.