O temporal cébase outra vez co Ortegal

Share Button

copia_de_corel.jpg

 

O temporal que afecta ás costas galegas estase sentindo especialmente no Ortegal, atopándose os portos de Cariño, Espasante e Bares entre as zonas máis afectadas de Galicia.

Na pasada noite, o mar provocou importantes desperfectos no porto, arrancando unha parte do espigón. Na praia de Fornos rexistráronse tamén importantes desperfectos, sendo afectado asemade o entorno do paseo marítimo. Dentro da gravedade da situación, polo menos non temos que lamentar desgracias persoais.

A edición dixital de La Voz de Galicia, á que pertence a foto que reproducimos, está a facer un seguimento do temporal, pero cun punto de vista un tanto peculiar. Semella que só interesan as declaracións e a actividade dun determinado partido político. Os demais non existen. Aquí tes un exemplo:

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/11/09/00031289295887490114414.htm 

Hai que irse preparando, achéganse as eleccións… Afortunadamente, temos esta web para comunicarnos contigo.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.