Obras diversas en todo o termo municipal

Share Button

Despois dunha pausa de máis de dous meses debida a problemas técnicos, a sección de novas da páxina web municipal retomou hoxe a súa actividade para informar das obras que están sendo executadas no marco do Plan Especial de Infraestructuras Municipais financiado pola Consellería de Medio Rural, cun presuposto de 89.817 euros. Entre as actuacións en curso, cabe mentar o afirmado de Vacariza – Gargacido, o afirmado do camiño de Sandamil, a pista da igrexa de Feás e Outeiro, a pista da igrexa de Landoi, Meleato e Lama, a pista de Campanario e Lourido, etc. Podes consultar esta información aquí:

http://www.concellodecarino.com/aodia/nova.php?id=1245

Por outro lado, La Voz de Galicia informou hoxe sobre as obras de renovación dos parques infantís de Cariño, tema que xa abordamos nesta web hai uns días. Aquí tes o texto da nova:

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/12/14/0003_8908171.htm

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.