O fomento do turismo pesqueiro no Ortegal

Share Button

Antonte, a nosa localidade acolleu a terceira reunión entre a Asociación Turística Mariña Lucense, a Asociación de Turismo Comarca de Ortegal e o Centro Tecnolóxico e de Pesca de Celeiro para fomentar o turismo pesqueiro na zona, dentro das actividades formativas do Grupo Acción Costeira.

Como explicou Marisa Cabanas, presidenta da Asociación de Turismo Comarca de Ortegal, o obxectivo da xuntanza foi explorar in situ as posibilidades dunha oferta turística artellada en torno ós valores gastronómicos, lúdicos ou paisaxísticos do mar.

Entre outras actividades, as persoas participantes visitaron as conserveiras cariñesas ou as instalacións portuarias. Tamén o Concello puxo á súa disposición a Aula do Mar.

La Voz de Galicia recolleu onte esta nova, que podes consultar aquí:

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/12/17/0003_8914293.htm 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.