Outra igrexa: unha investigación sobre o clero disidente

Share Button

altA relación da esquerda coa igrexa católica é historicamente complexa. Entre os episodios máis negros do noso pasado contemporáneo está o apoio da xerarquía católica ó réxime de Franco ou, en datas aínda máis recentes, a súa posición máis que discutible e a pretensión de condicionar politicamente debates como o aborto, o uso de anticonceptivos ou as políticas educativas. Cómpre dicir que hai, ó mesmo tempo, unha igrexa de base que practica a diario os valores solidarios e a axuda ás persoas desfavorecidas, que traballa de maneira humilde e silenciosa, que encarna en definitiva o mellor dos valores e da filosofía cristiáns. Salvando as diferencias, en ocasións a distancia entre a xerarquía católica e algúns cristiáns de base lembra á que existe entre as élites políticas e a militancia de base que fai un traballo altruista e sacrificado, moitas veces exemplar, na procura dun mundo mellor.

Hai unha historia que está aínda pouco estudada, que é a do clero vencellado a posicións de esquerda ou progresistas e que estivo, en moitas ocasións, á vangarda da loita social. Cinguíndonos ó caso de Cariño, cabería lembrar o importante papel xogado por Pacurri e por Salustiano Pedre a finais dos anos 70 en iniciativas como a revista Nordeste ou a loita a prol do instituto de secundaria.

Ó estudo desa outra igrexa menos coñecida oriéntase o libro Otra iglesia. Clero disidente durante la Segunda República y la guerra civil, que, coordinado por Feliciano Montero García, Antonio C. Moreno Cantano e Marisa Tezanos Gandarillas, vén de ser publicado pola editorial Trea (2014). A súa sinopse dí o seguinte: Doblemente olvidados. Doblemente represaliados. Los «curas republicanos», los «curas rojos», aquellos sacerdotes que tuvieron la osadía de apoyar la Segunda República y colaborar con ella, lo pagaron muy caro. Como el resto de los vencidos, sufrieron la represión política del régimen de Franco: muerte, cárcel, exilio. Pero también sufrieron la represión eclesiástica: desarraigo, ostracismo, sanciones canónicas, excomuniones. No en vano se habían erigido en la prueba viviente de que era posible ser católico y republicano, ser sacerdote y demócrata, de que la guerra civil no era una cruzada. Fueron también doblemente olvidados. La historiografía franquista reivindicó la memoria de los vencedores; la transición marcó el inicio de la recuperación de la de los vencidos, pero los curas republicanos, salvo contadas excepciones, siguieron en el olvido. ¿Por qué? Quizás porque recuperar su historia puede parecer más una labor de detective que de historiador. Los archivos eclesiásticos españoles, con escasas excepciones, se cierran a cal y canto cuando se menciona su nombre. Y en los archivos civiles los datos sobre ellos son fragmentarios y dispersos”.

A cargo de diversos especialistas, o libro recupera a historia de dez curas de ideario republicano e de esquerdas que foron represaliados ó londo de todo o estado español. Entre eles cabe destacar a figura do ferrolán Matías Usero Torrente (1875-1936), militante socialista asasinado polos franquistas. A análise da súa figura corre a cargo de José Ramón Rodríguez Lago, doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela.

O libro preséntase este venres 27 de xuño ás 20 horas na Galería Sargadelos de Ferrol, nun acto que contará coas intervencións de Rosa Méndez, profesora de secundaria e Secretaria de Organización da Agrupación Socialista de Ferrol, e do citado José Ramón Rodríguez Lago, autor do capítulo sobre Matías Usero.

Na páxina web da editorial Trea podes atopar máis información sobre o libro, así como descargar o seu índice e páxinas introdutorias:

http://www.trea.es/ficha.php?idLibro=00001322

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.