Perspectivas para un novo ano

Share Button

Onte tivo lugar o último evento destas festas de Nadal, a Cabalgata de Reis, que acadou un éxito notable entre os máis pequenos do Concello. Para a maioría das persoas, os días de Nadal mesturan lecer, diversión e encontros de familia e amigos con días de traballo que soen intercalarse entre os festivos principais. O Concello, xunto ás tarefas do día a día, fíxose cargo da organización dos eventos habituais destas datas, entre os que destaca a mentada Cabalgata. Dende o Grupo Municipal Socialista estamos satisfeitos co resultado destas actividades.

Diario de Ferrol e La Voz de Galicia recolleron onte as cifras de desemprego nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Dentro do preocupante da situación, Cariño amosa unhas cifras aceptables e relativamente positivas dentro do ámbito comarcal. É obvio, aínda así, que dende o ámbito municipal debemos seguir esforzándonos e aportando o noso gran de area en favor do crecemento económico e a creación de emprego.

Entramos nun novo ano con esperanzas e intención decidida de seguir traballando con intensidade. No ámbito da política xeral, confiamos nas previsións que apuntan a que este ano comezaremos a saír da crise económica mundial que afecta tamén ó noso país. Sen embargo, os expertos anuncian que a creación de emprego non será tarefa sinxela en España, debido ás características do noso tecido económico.

Para seguir estimulando o debate e a reflexión, recomendamos dous artigos aparecidos en Público. O primeiro deles, da autoría de Núria Bosch, catedrática de Facenda Pública, titúlase Balance del Plan E e apareceu publicado onte. Podes acceder a través deste enderezo:

http://blogs.publico.es/delconsejoeditorial/423/balance-del-plan-e

O outro corre a cargo de Vicenç Navarro, un dos nosos autores de cabeceira, titúlase El copago sanitario e aparece na edición de hoxe. O enderezo web é o seguinte:

http://blogs.publico.es/dominiopublico/1759/el-copago-sanitario

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.