Volve a loita pola VAC

Share Button

Despois dunha breve pausa motivada polas festas de Nadal, cargos políticos e colectivos sociais do norte galego retoman as reivindicacións para evitar o retraso nas obras do corredor costeiro. Tal como se acordou nun dos encontros mantidos o pasado decembro por alcaldes da comarca, preténdese contar coa participación de axentes sociais e colectivos das comarcas implicadas, como asociacións de empresarios, cofradías de pescadores ou comunidades de montes.

O vindeiro día 16 terá lugar unha reunión en Viveiro ou Cariño coa finalidade de decidir as accións a realizar. Entre elas, contémplase a posibilidade dunha recollida de sinaturas. O noso Alcalde, José Luis Armada, declarou a La Voz de Galicia que “a xente ten que implicarse porque as autovías non son só para os alcaldes”.

O citado xornal inclúe hoxe una breve reportaxe sobre o tema, que podes consultar no seguinte enderezo:

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/01/06/0003_8209658.htm

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.