Portos de Galicia intervén en Cariño

Share Button

O ente Portos de Galicia vén de anunciar o próximo remate de varias actuacións de mellora no peirao cariñés. Diario de Ferrol fíxose eco da nova, que reproducimos a continuación:

 

Portos de Galicia concluirá as obras de mellora da dársena no vindeiro mes

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, asegura que rematará o vindeiro mes de febreiro as obras de mellora e reposición das defensas do peirao no porto de Cariño. Esta actuación conta cun presuposto de máis de 300.000 euros e servirá para mellorar a protección dos barcos atracados no porto da vila.

Esta actuación prodúcese debido a una serie de problemas rexistrados no peirao cariñés como as numerosas avarías que ao longo do ano se rexistran nesta dárse ao dispor de defensas do tipo “rosario”. Trátase duns elementos que deben ser recuperados do fondo do mar para a súa posterior reparación cando sexa posible e, no seu defecto, a fabricación doutra peza para a súa substitución.

Outra das causas das repetidas avarías nestes elementos prodúcense polos cadenotes de aceiro que ao longo do tempo se deterioran co óxido, tal e como apunta desde a Consellería do Mar.

Traballos > Desde a administración autonómica apuntan que os traballos que se están a desenvolver no peirao de Cariño pasan pola retirada de todas as defensas da tipoloxía descrita anteriormente e que se atopan no peirao comercial para recolocalas posteriormente. Por outra banda, tambén foi preciso facer outra serie de traballos como a limpeza, reparación, tratamento e pintado do cantil do porto, así como a mellora e colocación de novas escaleiras verticais.

Así mesmo, durante os traballos tamén se colocará un poste de formigón de once metros de longo que servirá para albergar un proxector de alumeado na zona do espigón, colocaranse bandas redutoras da velocidade na zona e un reforzo de 150 metros no espaldón do peirao.

Fonte: Diario de Ferrol

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.