Presentación da candidatura socialista en Cedeira

Share Button

A proximidade das eleccións municipais -que teñen lugar dentro de dous meses- pálpase cada vez con máis forza.

Onte tivo lugar en Cedeira a presentación da candidatura socialista para as eleccións do 22 de maio. Alí estivo unha representación da Agrupación Socialista de Cariño, encabezada polo noso Alcalde, José Luis Armada.

No acto, que encheu o Auditorio Municipal da vila, interviron o deputado no Congreso Xavier Carro, o ex-Presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño e o Alcalde de Cedeira José Luis Vergara. Tanto Touriño como Vergara aludiron nas súas intervencións ó Alcalde cariñés, José Luis Armada. En concreto, Vergara destacou a súa aposta pola colaboración a nivel comarcal e mencionou a iniciativa conxunta, que se está a traballar no marco de Costa Noroeste e da que xa informamos nesta web, para a creación dunha rede de cargadoiros de madeira.

Senllas crónicas do acto aparecen hoxe en Diario de Ferrol e La Voz de Galicia, xornal ó que pertence a fotografía que reproducimos nesta entrada. 

Dende esta páxina queremos desexarlles sorte @s compañeir@s de Cedeira. Proximamente tocaralle o turno á nosa candidatura, que, como é habitual, será presentada no Auditorio Municipal. Manterémosche informad@. 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.