Entrevista a un sabio comprometido e outras lecturas interesantes

Share Button

A prensa desta fin de semana contén algunhas lecturas interesantes para a reflexión, que cremos pertinente mentar aquí. Obviamente, como é habitual, non necesariamente compartimos -nin pretendemos que compartas- absolutamente todo o que nelas se dí, pero cremos que conteñen argumentos para meditar, pensamento crítico, ideas suxerentes e ata nalgúns casos brillantes.

O xornal Público inclúe hoxe unha longa entrevista ó sabio economista e escritor José Luis Sampedro, a quen xa nos referimos aquí días atrais, a raíz da aparición da versión española do recente libriño de Stéphane Hessel, que comentamos na nosa sección de Suxerencias. Na entrevista, Sampedro fálanos da catástrofe do Xapón, da crise do capitalismo, da paz ou do esencial papel da educación na construcción dun mundo mellor. Da longa entrevista paga a pena reproducir o seguinte fragmento (o resalte en negriña é noso): "La solución a largo plazo de todo es la educación, la preparación de los seres humanos. Ahí sí tendríamos que hacer progreso y desarrollo. Lo primero es que la gente razone y piense por su cuenta. Nos están educando al revés, nos educan para producir y consumir. Nadie nos prepara para ser más humanos, para ser mejores. Dicen que no hay alternativa a este desarrollo, cómo que no: ser mejores en vez de tener más cosas. La alternativa es educar para ser mejores".

Podes acceder á entrevista completa aquí:

http://www.publico.es/367007/esta-cultura-capitalista-de-cinco-siglos-ha-agotado-ya-sus-posibilidades

Pola súa parte, La Voz de Galicia publica unha entrevista a Gene Sharp, quen reclama un enfoque pacifista para as revolucións sociais que se están a producir no mundo árabe. Podes atopala aquí:

http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2011/03/20/0003_201103G20P6991.htm

Por último, e cambiando a un tema bastante diferente, do que falamos nesta web hai escasos días, Víctor Freixanes escribe sobre o Museo do Pobo Galego en La Voz de Galicia un artigo titulado Compromiso civil. Curiosamente, facendo uso dun vocabulario moi semellante ó que nós empregamos na nosa entrada, Freixanes refírese ás institucións de resistencia do galeguismo civil. Podes atopar o seu artigo aquí:

http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2011/03/20/0003_201103G20P20993.htm

Diario de Ferrol entregou onte, sábado, o suplemento trimestral sobre libros ProTexta, con contidos interesantes, como vén sendo habitual.

   

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.