Presentada a candidatura no Auditorio

Share Button

Vimos de presentar a candidatura nun concurrido Auditorio Municipal. O acto foi introducido por Lois Armada e contou coas intervencións das concelleiras Marisa Novo e Ana Fachal, que falaron das súas respectivas áreas de responsabilidade: Marisa de Sanidade e Servizos Sociais; Ana de Desenvolvemento Local, Turismo e Medioambiente.

Intervíu a continuación o eurodeputado Antolín Sánchez Presedo, que fixo un pormenorizado percorrido pola situación política internacional, nacional e autonómica.

Pechou o acto o Alcalde e candidato José Luis Armada cunha intervención orientada a facer balance e presentar algúns detalles do seu programa para os vindeiros catro anos.

Saímos do evento desta tarde con boas vibracións. Unha vez máis, somos a opción que primeiro comparece ante a cidadanía para presentar o seu equipo. Mañá faremos aquí unha crónica máis ampla e publicaremos algunhas imaxes. Nos vindeiros días incluiremos tamén as fotografías dos membros da candidatura -da que nos sentimos especialmente orgullos@s- e algunha información adicional sobre a mesma.

 

 

A nosa lista para as eleccións do 22 de maio é a seguinte:

1. José Luis Armada Castro

2. María Luisa Novo Fraguela

3. Alberto Iglesias Fraguela

4. Jonathan Miranda Lucas

5. Ana Isabel Fachal Fraguela

6. Lorenzo Fojón López

7. Tatiana Bouza Bellón

8. Antonio Remuiñán Velo

9. Sara Rey López

10. Vicente Domingo Rodríguez Villar

11. Iria Rubido Pardo

Suplentes

12. Víctor Manuel Orizales Armada (1º suplente)

13. María Inmaculada Daporta Martínez (2ª suplente)

14. Elisa Chao Giráldez (3ª suplente)

15. Xosé Lois Armada Pita (4º suplente)

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.