Primeiro de maio

Share Button

Hoxe 1 de maio, día da clase traballadora, foi, como é habitual, unha xornada de reivindicación e unidade sindical.

 

Tamén en torno a esta data sucédense habitualmente actos conmemorativos, charlas e publicacións que rememoran as conquistas da clase traballadora e a historia do sindicalismo, reflexionando ó mesmo tempo sobre os retos que se lle presentan á esquerda do futuro.

 

Concordamos plenamente con esta vertente reflexiva e retrospectiva do Primeiro de Maio. Por esta razón, queremos sumarnos a ela recomendando algunhas lecturas.

 

Manuel Cendán, militante socialista ferrolán e membro da A. C. Fuco Buxán, publica no seu blog Bitácora do Nordés o post Ante un Primeiro de Maio diferente, que podes ler aquí:

 

http://nordes.wordpress.com/2010/04/27/ante-un-primeiro-de-maio-diferente

 

Recomendámoste tamén vivamente o blog El voto con botas, de Fermín Bouza, que é Catedrático de Socioloxía na Universidad Complutense de Madrid. A miúdo atoparás nel lúcidas análises, dende unha óptica de esquerdas, a cargo deste galego experto en opinión pública, comunicación política e socioloxía electoral:

 

http://votoconbotas.trincheradigital.com

 

Por último, recomendámoste o artigo de Amador Fernández-Savater en Público, titulado ¿Se puede pensar en un periódico?, onde o autor reflexiona sobre a sección de entrevistas que mantén neste xornal. Podes lelo aquí:

 

http://blogs.publico.es/fueradelugar/138/%C2%BFse-puede-pensar-en-un-periodico

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.