¿Un centro de interpretación na antiga cetárea?

Share Button


Os responsables da Demarcación de Costas estiveron onte en Cariño, onde visitaron os traballos da nova senda peatonal da Basteira e o Masanteo, que se atopan moi avanzados.

 

No curso da visita o noso Alcalde, José Luis Armada, plantexou a recuperación da antiga cetárea como centro de interpretación do medio mariño. Como xa informamos en días pasados, actualmente a Demarcación de Costas atópase tramitando a recuperación da concesión destas instalacións, que se atopan en estado ruinoso.
 

De momento trátase dunha proposta preliminar, pero pensamos que paga a pena traballar nela. Diario de Ferrol fíxose hoxe eco desta nova.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.