Recuperar Cariño: máis sobre economía e emprego

Share Button

Fai uns días explicabamos neste mesmo portal web a enorme relevancia que para os socialistas de Cariño ten o emprego. Como vimos sinalando durante toda a campaña electoral, as persoas e o emprego serán os piares básicos do noso proxecto.

Hoxe queremos facervos chegar, dentro desta serie que titulamos Recuperar Cariño, os principais puntos do noso programa electoral na área de Emprego e Economía dunha maneira máis visual e resumida.

Atoparedes aspectos que outras forzas políticas citan nos últimos días. E ata hai quen afirma que algunhas desas iniciativas xa existen. Dende logo é fácil comprender que se as levamos no noso programa é porque o que nós pretendemos poñer en práctica é bastante diferente do que existe.

Estas son as nosas propostas:

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.