Renovación ministerial: o goberno colle impulso

Share Button

 

O Presidente Zapatero desvelou onte unha reforma do seu Goberno sobre a que se especulaba dende hai tempo. Os cambios colleron por sorpresa a todo o mundo, tanto tanto pola amplitude da renovación como polo acerto que supoñen, algo que recoñecen a maioría dos medios e incluso os dirixentes do PP en privado.

Zapatero sitúa nun primeiro plano a Rubalcaba, que mantendo o Ministerio do Interior asume a Vicepresidencia primeira e a Portavocía do Goberno. Recupera a un dirixente experimentado como Ramón Jáuregui. Fai un claro guiño á esquerda e ó sindicalismo coas incorporacións de Rosa Aguilar, ex-alcaldesa de Córdoba con IU, e Valeriano Gómez, militante de UXT que se manifestou contra a reforma laboral. Reduce o número de ministerios e fai algúns outros axustes.

As palabras de Zapatero anunciando hai días nun acto que Rajoy seguiría na oposición tralas eleccións xerais foron tomadas con incredulidade. Os últimos acontecementos amosan que a advertencia vai en serio. Despois das evidentes dificultades ocasionadas pola crise económica mundial, o noso partido está recuperando a iniciativa. Esta tendencia iniciouse coas primarias de Madrid, que ilusionaron á militancia e serviron para facer visible a alternativa socialista. Tivo un punto de inflexión co pacto de estabilidade suscrito co PNV e con Coalición Canaria. E complétase coa remodelación ministerial.

O PP xa fixo evidente o seu nerviosismo rachando o pacto de goberno en Canarias. Demostran que, para eles, o proxecto político e o compromiso coa cidadanía é o de menos. Por certo, en Canarias o PP esqueceuse da súa cantinela de que goberne o partido máis votado. Alí son a terceira forza política e apoiaron a Coalición Canaria para evitar que gobernase o PSOE, gañador das eleccións cun bo número de escanos de diferencia. Lamentablemente, a súa actuación incoherente, destructiva e desleal coa cidadanía conta cunha imitación caseira no PP cariñés.

Entre os moitos artigos de opinión aparecidos hoxe sobre a remodelación ministerial, algúns realmente bos, escollemos o publicado por Xosé Luis Barreiro Rivas en La Voz de Galicia, titulado El ave fénix regresa a la contienda:

http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2010/10/21/0003_8797002.htm

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.