Sobre as débedas tributarias dos pensionistas emigrantes retornados

Share Button

altHai escasos meses o goberno do Partido Popular puxo en marcha unha campaña recadatoria destiñada a regularizar a situación fiscal dos emigrantes retornados que está tendo especial incidencia en áreas que, caso de Galicia, experimentaron un éxodo importante a outras áreas de Europa nos anos 60-70. Moitas persoas, actualmente retornadas e xubiladas, cobran pensións procedentes do extranxeiro –de cuantía variable- polos anos que traballaron alí. A información que recibiron moitas destas persoas en relación á obriga de tributar por estas percepcións non resultou, na maioría casos, suficientemente clara. En ocasións, parece que foi nas propias oficinas da Axencia Tributaria onde se lles comunicou a non obligatoriedade de declarar ditas percepcións. Agora o Ministerio competente reclámalles a posta ó día das súas obrigas tributarias dos últimos cinco anos, reclamación que chega en moitos casos acompañada de sancións económicas. Dentro do noso Concello tivemos coñecemento dun número significativo de persoas afectadas.

O mesmo goberno que impulsou unha amnistía fiscal para que os ricos puidesen blanquear o diñeiro defraudado á facenda pública cébase agora con quen menos o merece: con persoas humildes que traballaron duramente, que tiveron que emigrar a Suiza ou Alemania para labrarse un futuro, que retornaron a España e achegaron o seu gran de area para facer un país mellor, e que aínda hoxe –nun momento de auténtica emerxencia social- fan unha contribución decisiva ó sustento das súas familias.

Recentemente a senadora socialista Paula Fernández Pena (na foto) defendeu no Senado unha iniciativa que pretendía dar solución a este caos tributario, que os pensionistas contasen coas mesmas facilidades que recibiron os grandes defraudadores e limpar a imaxe dos afectados evitando que se lles trate como a delincuentes fiscais. A iniciativa foi rexeitada cos votos do Partido Popular. A dereita na súa versión máis dura e inmoral. Tal e como se informa na páxina web do PSdeG, Paula Fernández criticou a resposta do ministro Montoro á demanda de centos de miles de afectados dun erro colectivo que o Ministerio tardou anos en atallar e que agora quere solucionar a base de multas. Tamén lamentou que o propio Montoro lanzase reproches contra os cidadáns afectados, riscándoos de insolventes tributarios e inhibíndose de calquera tipo de responsabilidade respecto á falta de pedagoxía tributaria do Ministerio”. Engadíu que o colectivo de inmigrantes retornados debería ter sido informado en 2008 de que facían mal as súas declaracións e así non sería necesario sancionalos cinco anos despois. Estas persoas “síntense marionetas dunha estratexia recadatoria inmoral e miserable perfectamente planificada e destinada a facer caixa con sancións inxustas”, en palabras da nosa compañeira Paula Fernández Pena.

O noso partido reclama que as persoas afectadas podan regularizar a súa situación fiscal ó ritmo e coas facilidades que a súa situación persoal, social e económica esixe; que non sexan sancionadas; e que a Axencia Tributaria recoñeza que actuou incorrectamente e ten, polo tanto, unha parte importante de culpa nesta situación.

Aquí podes ver un resumo do debate que tivo lugar entre a senadora socialista Paula Fernández e o Ministro Montoro:

http://www.youtube.com/watch?v=I61LUMm8FBA&feature=share

Podes ampliar a información lendo esta nota informativa do PSdeG:

http://www.psdeg-psoe.com/2013/10/09/reclaman-no-senado-que-se-regularice-a-situacion-fiscal-dos-emigrantes-retornados

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.